Soiuz MS-19
Soiuz MS-19 | |
---|---|
A Soiuz MS-19 achegándose á estación. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 5 de outubro de 2021[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz 2-1a[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 30 de marzo de 2022[1] |
NSSDC ID | 2021-089A |
Soiuz MS-19 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 5 de outubro de 2021 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz MS-19, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Anton Shkaplerov, Yulia Peresild e Klim Shipenko a bordo (a tripulación de respaldo eran Oleg Artemiev, Alena Mordovina e Aleksei Dudin), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-18 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 66.[2][3][4][5]
A Soiuz MS-19 levou á actriz Yulia Peresild e ao director Klim Shipenko a bordo da estación espacial para rodar parte dunha película de ciencia ficción. A película, titulada Vyzov (Вызов, en ruso), trata dunha cirurxiá enviada á estación para tratar a un cosmonauta enfermo. A rodaxe contou coa aprobación da NASA para gravar no segmento americano. Peresild e Shipenko volveron á Terra na Soiuz MS-18, tras 12 días no espazo.[2][3][4][5]
A invasión rusa de Ucraína, o 24 de febreiro de 2022, provocou un corte nas relacións entre os Estados Unidos e Rusia, co que a NASA chegou a considerar outros medios para traer de volta a Mark Vande Hei. Finalmente, Vande Hei regresou na Soiuz MS-19, como estaba previsto, xunto con Anton Shkaplerov e Petr Dubrov, tras 176 días en órbita. A nave chegou a terra o 30 de marzo de 2022, a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-19" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-19" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 18 November 2021 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (21-08981 (E)). 1 de decembro de 2021: 2. Consultado o 10 de febreiro de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-19 delivers "movie crew"" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-19 |